Hosting por

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Taller on line: Nin putas nin princesas

17 Abril, 2020 ás 22:00 - 23:30

Este venres 17 de abril organizamos o obradoiro “NIN PUTAS NIN PRINCESAS, como criar fillas libres” da man de Irene García Perulero  PREME AQUÍ PARA SABER QUEN É IRENE
Este obradoiro terá lugar ás 22ha través da app ZOOM e o seu obxectivo é facer conscientes ás familias (de nenas e nenos) dos mecanismos que o patriarcado utiliza para manipularnos, descubrir as bases machistas da nosa educación e como os estereotipos aínda seguen funcionando en nós e na nosa visión do mundo para así iniciarnos nos mecanismos de autodefensa emocional feminista, imprescindibles para criar fillas libres e apoderadas.
Nel veremos que a intervención das nais é esencial para:
• axudar ás súas fillas a medrar o máis libres e menos condicionadas polos estereotipos posible
• protexer ás nenas do impacto do medio, principalmente do audiovisual, pero tamén da socialización discriminatoria que se exerce en todos os ámbitos públicos
• ensinar ás súas fillas ou nenas valores de equidade, xustiza, dignidade e valía aplicados non só aos demais senón tamén a elas mesmas
• educar nenas non compracentes, capaces de tomar decisións autónomas, asertivas e conscientes da súa individualidade e capacidade de elección
• ensinar ás nenas os principios de  autodefensa, o pensamento crítico e a importancia de saber dicir que non
• acompañalas no seu desenvolvemento sexual e afectivo
• funcionar como principal escudo e soporte contra a violencia de xénero
• intervir con perspectiva de xénero en todos os conflitos relacionados coa infancia
 
Este obradoiro é exclusivo para familias socias de Teta e Coliño e non fai falta inscrición previa. Ademais para as que non poidades estar en directo posteriormente vos mandaremos un link coa gravación, aínda que é moi interesante entrar en directo xa que así a poñente poderá resolver as vosas dúbidas.

Details

Date:
17 Abril, 2020
Time:
22:00 - 23:30