Hosting por

PETRA Maternidades Feministas - Home | Facebook

Teta e Coliño únese ó manifesto 25N PETRA Maternidades Feministas 2020

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
CARA AS NAIS
PETRA Maternidades Feministas. 25N 2020
Este 25N as nais feministas temos moito que denunciar: o actual contexto da crise sanitaria e socioeconómica
destapada pola COVID-19 multiplicou os casos de violencias machistas. Aumentou
exponencialmente a violencia obstétrica, unha forma de violencia machista que está normalizada
no sistema sanitario. Durante a pandemia implementáronse novos protocolos en contra dos procesos
sexuais das mulleres e das necesidades dos bebés. As mulleres embarazadas asistimos soas a
ecografías, sepárannos dos nosos bebés, dificúltannos a instauración da lactancia materna, parimos
con máscara, sufrimos un maior intervencionismo, non temos apoio posterior e incluso, nalgúns
casos, vímonos obrigadas a parir soas.
Ademais produciuse un aumento da violencia económica que xa viñamos sufrindo as nais. Quedou
en evidencia a escasa protección social dos coidados, así como a debilidade dos sistemas de coidados
externalizados (utilizados na nosa sociedade como medida de conciliación) e as institucións
sanitarias e educativas. Os coidados, coma sempre, recaeron maioritariamente sobre as mulleres,
mostrando de maneira urxente a necesidade de recursos e dereitos remunerados para a crianza.
No ámbito laboral, pisáronse e denegáronse dereitos consolidados (permiso de maternidade, por
risco no embarazo e a lactancia, reduccións de xornada, etc). O mísero permiso de maternidade
obriga a moitas nais a coller excedencias ou reduccións de xornada, coa perda económica que supón.
Ao mesmo tempo, a ausencia de recursos remunerados para a crianza (como unha prestación
universal por menor a cargo) empobrece aínda máis ás nais que teñen empregos precarios ou desempregadas1.
As familias monomarentais, e tamén aquelas con fillas/os con capacidades especiais,
sufriron en maior medida esta violencia económica, ademais de seren criminalizadas durante o
confinamento.
A lei de permisos iguais e intransferibles é outra mostra de violencia económica cara as nais, xa
que só proporciona recursos a quen máis ten: varóns con bos empregos. Parece que cando se trata
de coidar, as nais debemos facelo gratis2 e ignorando os nosos procesos sexuais, como son o embarazo,
o parto, o posparto, a lactancia materna, o puerperio e a exteroxestación das nosas criaturas.
Invisibilizar estes procesos e a nosa ciclicidade é violencia sexual, propia dunha sociedade patriarcal
e falocéntrica que nos empurra a unha «normalidade» sexual e que esixe que estemos o antes posible
preparadas para o sexo normativo e para a incorporación ao emprego.
Unha sociedade que invisibiliza ás nais é máis receptiva á violencia e á explotación. A explotación
reprodutiva converte ás nais que teñen situacións máis precarias en meros contedores e aos seus
bebés en mercancía. Ter fillas e fillos non é un dereito. Non podemos pasar por alto os procesos
sexuais polos que pasan esas nais (onde se inclúe posparto, lactancia, puerperio) e as necesidades
da criatura, rompendo a díada nai-bebé. O efecto desta separación pode xerar consecuencias neurolóxicas
e psicolóxicas. Porque traer unha vida ao mundo xamáis poderá ser unha transacción
comercial.

Tamén denunciamos a violencia institucional que exerce o sistema xudicial contra as nais e as súas
crianzas, mediante as Custodias Compartidas Impostas, a aplicación do falso Síndrome de Alienación
Parental (SAP) e a non protección da infancia en caso de maltrato cara as nais, outorgando
dereitos aos maltratadores sobre as criaturas e favorecendo a violencia vicaria. Un sistema xudicial
que deixa a un lado o interese superior do menor e revictimiza ás nais, en ocasións incluso quitándolles
a custodia e con condenas «exemplarizantes» dignas do patriarcado. Non podemos olvidarnos de que
unha gran cantidade de mulleres que sufren violencia machista por parte das súas parellas ou exparellas
son nais, e das graves secuelas que deixa na infancia crecer cun pai maltratador. A violencia
institucional afecta tambén a moitas familias que, desprotexidas nun sistema que as exclúe, acaban
pedindo axuda a uns servizos sociais demasiadas veces asistenciais, con plans de traballo, na súa
maioría, conductistas, que só poden poñer parches superficiais a un problema estrutural. Como a
maioría de institucións de poder, os sistemas de protección da infancia e os servizos sociais son estruturalmente
machistas, racistas e clasistas, o cal acaba perxudicando a moitas nais e ás súas crianzas.
Ademais, as nais, dentro do patriarcado, sufrimos unha enorme violencia simbólica que, por un lado,
asócianos ao mito da feminidade e, por outro, invisibilízanos e bórranos dos espazos públicos. Así,
exércese violencia sobre nós ao non considerar un traballo a crianza, ao xerar un modelo de cidade
adultocéntrico, a través do paternalismo e os xuízos, ou cando nos relegan a maternar en soidade.
Por todo isto, esiximos:
• Máis dereitos e recursos para a crianza, como permisos amplos e transferibles ou unha
prestación universal por menor a cargo, para que as nais podamos maternar con dignidade e
sen violencia económica.
• A incorporación da crianza e da infancia en tódolos espazos da sociedade, para eliminar a
violencia simbólica que orixina soidade e invisibilización das nais.
• A erradicación da explotación reprodutiva, como unha forma de violencia cara as nais e as
criaturas, que son tratadas como mercadorías.
• O recoñecemento da Violencia Obstétrica como Violencia Machista. E a posta en marcha
de medidas para erradicar toda violencia na atención ao embarazo e ao parto.
• O recoñecemento dos procesos sexuais das nais e a adaptación social á nosa ciclicidade,
para que non se propicien casos de violencia sexual.
• Que tódolos operadores xurídicos apliquen estas leis ou emitan informes con obxectividade
e teñan a obrigatoriedade de formarse sobre violencia machista e sobre as necesidades do
desenvolvemento infantil.
• O respecto do vínculo materno e a escoita das necesidades das crianzas en procesos de divorcio
e en casos de violencia machista ou violencia cara a infancia.
• A prohibición das Custodias Compartidas Impostas e do falso SAP.
• Un sistema de servizos sociais e de protección á infancia que inclúa a perspectiva de xénero,
e libre de prexuízos e racismo.

————-

1 No ano 2018, 120.071 mulleres non tiveron dereito a un permiso remunerado.
2 Dende xaneiro a setembrode 2020, o número de permisos remunerados ao 100% desfrutados por homes é maior
ao das nais, aínda que somos as mulleres quen collemos o 87,62% das excedencias sen remunerar.

Teta e Coliño
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.