Hosting por

Este pasado sábado tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria da nosa Asociación. Nesta reunión tivemos a oportunidade de facilitar un punto de encontro onde sentar as bases desta tempada 2020-2021, así como facer un repaso do acontecido na pasada.E que nos permitiu isto? Confirmar, sen ningunha dúbida, que somos unha equipa de voluntarias capaces de organizarnos e adaptarnos en circunstancias complexas como as que estamos a vivir. Que se traballamos xuntas e na mesma liña, somos capaces de seguir acadando os obxectivos para os que se creou este proxecto.Así que agradecemos moitísimo o tempo, esforzo e adicación por parte das voluntarias seguindo adiante en tempos de Covid. E tamén un agradecemento moi especial a todas as familias socias que decidistes seguir unidas a este proxecto pese a todo e a todas aquelas que en tempos de crise, decidiste unirvos por primeira vez. Agardamos que nesta tempada, poidamos seguir aprendendo, compartindo e sobre todo, desfrutar xuntas.

Teta e Coliño
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.