GRUPOS DE APOIO
Ofrecemos vountariamente o noso tempo co fin de recuperar e normalizar a lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións informadas e creando espazos de intercambio de experiencias, inquedanzas e dúbidas. En termos xerais, promovemos a concienciación da sociedade sobre a importancia dunha crianza consciente e saudable.
Detalles
Asistencia: libre e gratuíta
Público: todos os públicos
Datas: Consultar calendario
Grupos de lactancia e crianza
Reunímonos periodicamente para responder as túas preguntas sobre a lactancia materna e ofrecer acompañamento na túa maternidade. Sen xuízos, sen presión. Somos unha tribo.
Teta e Coliño, Asociación de lactancia e crianza con apego, é unha asociación sen ánimo de lucro baseada nos grupos de apoio mutuo e na atención especializada.
Ofrecemos vountariamente o noso tempo co fin de recuperar e normalizar a lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións informadas e creando espazos de intercambio de experiencias, inquietudes e dúbidas. En termos xerais, promovemos a concienciación da sociedade sobre a importancia dunha crianza consciente e saudable.
A asistencia as reunións e LIBRE E GRATUÍTA (é preciso inscripción previa). Crianzas e acompañantes son sempre benvidxs.
Onde e cando nos reunimos?
REUNIÓNS PRESENCIAIS E ONLINE Nas nosas sedes de Vigo e Lalín
Contacto
Tes dúbidas ou algunha dificultade coa lactancia e a crianza? Se o desexas podes acudir libremente ás nosas reunións presenciais nas nosas sedes de Vigo e Lalín, ou ben ás online. As nosas Asesoras de lactancia están formadas especificamente e actualizadas; lembra que ofrecen os seus servizos de maneira VOLUNTARIA e desinteresada.
