Teta e Coliño é unha Asociación sen ánimo de lucro de apoio á lactancia e á crianza con apego baseada nos grupos de apoio mutuo e na atención especializada.
Obxectivos
Recuperación e normalización da lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións informadas e creando espazos de intercambio de experiencias.
En termos xerais, promove a concienciación da sociedade sobre a importancia dunha crianza consciente e saludable.

¿Cómo podo axudar?
Renovación
Se xa pertences á asociación- PayPal
- Transferencia bancaria
- En man nalgunha das nosas xuntanzas
Alta nova
Unirte por primeira vez- PayPal
- Transferencia bancaria
- En man nalgunha das nosas xuntanzas
Doazóns
Facer unha doazón económica- Redirecionarásete a PayPal.
- Poderás escoller a cantidade que desexes doar.
Tamén podes facer unha doazón de material: libros sobre as temáticas que tratamos na Asociación, extractores de leite e outros artigos de lactancia; ou portabebés e complementos relacionados. Escríbenos un email ae tetaecolinho@gmail.com e vemos a mellor forma de xestionalo.
Vantaxes de ser socias
Biblioteta
Acceso a préstamo de bibliografía relacionada.
Material
Acceso a préstamo a material e accesorios de lactancia.
Obradoiros
Preferencia de inscrición en actividades da Asociación.
Videoteta
Acceso ás grabacións dos talleres que ofrecemos
Chat
Chat exclusivo para socias onde comentar dúbidas.
Quen somos?
Somos 4 nais traballadoras e voluntarias que de xeito desinteresado tratamos de axudar a percorrer ese camiño que é a lactancia e a crianza en conxunto.

Yolanda
Asesora de lactancia
Eu embárcome neste mundo no 2018. Tiña moi claro que quería tecer unha rede de apoio de cara ao postparto (o meu gran medo era a xestión desa revolución hormonal cun ser pegado a min 24/7).
A matrona fálame de Teta e Coliño, á que fun por primeira vez cun bandullo de 36 semanas. O que alí atopei foi un grupo de iguais, de mulleres que buscan un tipo de crianza baseada no respecto, coas mesmas inquedanzas e unhas ganas inmensas de desfogar sabendo que vas ser escoitada e comprendida.
Rematei a formación de asesora de lactancia a principios de 2020. Inda teño moito que camiñar, pero é grazas ás demais voluntarias e ás familias que alí acoden, polas que vou aprendendo cada vez máis, tanto na materia de lactancia coma na importancia dunha escoita activa e respetuosa.

Antía
Asesora de lactancia
Son nai de Uxía nacida en xuño de 2014 e Xandre nacido en xullo de 2019, fisioterapeuta que traballa na Sanidade Pública e asesora de lactancia nesta Asociación.
A miña andaina ao carón de Teta e Coliño xurdiu unha vez superadas moitas das dificultades iniciais na lactancia e crianza.
A miña colaboración comezou en 2015 mentres realizaba a formación en asesoría de lactancia onde a adquisición de coñecementos non tiñan sentido sen levalos á práctica. Poder aportar acompañamento en momentos complexos onde semellas ser un bicho raro fixo que me incorporara a este proxecto e que continúe nel. Cada experiencia compartida permíteme comprender e aprender que nos momentos de vulnerabilidade, a escoita pode marcar a diferenza.

Bego
Asesora de lactancia
Son nai de Alexandre que naceu en 2015 e Mara en 2017 e traballo como enfermeira no Sergas.
Con cada un dos meus fillos aprendín novas cousas sobre a fisioloxía do aleitamento e sobre as capacidades innatas que temos as mulleres como mamíferas que somos.
Pouco despois do nacemento da miña segunda filla, unha persoa incrible púxose en contacto comigo a través das redes sociais para ofrecerme participar xunto a outras mulleres marabillosas deste fantástico proxecto que é Teta e Coliño, dando soporte e apoio a outras mulleres tanto en lactancia como en crianza.
Así que aquí estou, con moito por aprender pero con moitas ganas de facelo e de acompañar polo camiño ás familias que o precisen.

Leticia
Asesora de lactancia
Son Leticia Pérez, nai de Area e de Xoán. Son licenciada en ADE e MBA, inicialmente nada que ver co apaixonante mundo da crianza e a lactación. Cando vivín en primeira persoa a maternidade, comprobei a falta de información coa que recibín esta etapa e o importante que son os grupos de apoio como fonte de coñecemento.
Cheguei á Asociación a finais de 2016, cando Area tiña apenas un mes, con moita “desinformación” e problemas de lactación. Fíxenme voluntaria e despois de compartir moitas experiencias de nai a nai, a finais de 2018 decidín formarme como asesora para poder seguir contribuíndo neste proxecto e acompañar a outras familias que así o desexen.
Agradezo cada experiencia da que as familias me fan partícipe, cada unha delas axúdame a crecer un pouco máis como persoa. Gracias a Teta e Coliño por permitirme seguir acompañando, aportando e recibindo tanto.
Preguntas frecuentes
Que é Teta e Coliño?
Teta e Coliño, Asociación de lactancia e crianza con apego, é unha asociación sen ánimo de lucro baseada nos grupos de apoio mutuo e na atención especializada.
Cales son os seus obxectivos?
Teta e Coliño traballa pola recuperación e normalización da lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións informadas e creando espazos de intercambio de experiencias. En termos xerais, promove a concienciación da sociedade sobre a importancia dunha crianza consciente e saludable.
Onde están as súas sedes?
As sedes activas son as seguintes:
–Vigo (Navia). Inaugurada en 2014. Grupos de lactancia, crianza e de porteo.
–Lalín. Inaugurada en 2022. Grupos de crianza e (por agora) asesoría on-line de crianza.
Por quen está formada?
Teta e Coliño está formada por familias/persoas socias e usuarias. A maior parte das socias son familias que son (ou foron) usuarias dos servizos da asociación. Algunhas das nosas socias exercen labores de voluntariado. Visita a sección quen somos? para saber máis.
Que significa asociarse a Teta e Coliño?
Asociarse a Teta e Coliño significa apoiar o labor da Asociación mediante unha cota de socia (achega económica anual). Implica tamén respectar os seus Estatutos.
Canto tempo dura a afiliación? Cando toca renovar?
-Altas de socia no primeiro semestre: renovación en marzo do ano seguinte.
-Altas de socia no segundo semestre: renovación en outubro do ano seguinte. En caso de dúbida, podes consultar a vixencia no teu carnet de socia; ou ben preguntarnos no correo tetaecolinho@gmail.com
De que outras maneiras podo axudar a Teta e Coliño?
Se sentes que queres colaborar activamente nalgunha das tarefas de organización ou de axuda directa, serás moi benvida! Tanto se consideras implicarte de forma máis ou menos continuada como de forma puntual. Ademais do Equipo de Xunta Directiva, os voluntariados Teta e Coliño desenvólvense a través de:
– Voluntarias
– Equipo de Asesoría en lactancia
– Equipo de Comunicación
Cales son as típicas tarefas?
Asistencia e axuda nas reunións de lactancia e de porteo, organización e loxística das actividades (charlas, obradoiros…), deseño gráfico, difusión, moderación, trámites burocráticos, control dos préstamos, contacto con colaboradores, subvencións, etc. Escríbenos, chámanos ou pregúntanos en calquera xuntanza! Xuntas veremos que necesidades actuais ten a Asociación que che poidan encaixar nas túas habilidades, gustos e dispoñibilidade.
Contacto
Información xeral
Información
682 548 002
Contacta por mensaxe no noso Instagram
Se precisas de atención teléfonica e nalgún momento non te podemos atender, podes intentar contactar un pouco máis tarde.
Emails de contacto
tetaecolinho@gmail.com
Comunicación:
tetaecolinho.comunicacion@gmail.com
Sede de Vigo:
tetaecolinhovigo@gmail.com
Sede de Lalín:
tetaecolinholalin@gmail.com