Hosting por

Durante as tardes do xoves 10 e o sábado 12 de maio, no local da AVV Novo Vigo, as familias socias de Teta e Coliño puideron desfrutar da xuntanza coordinada por Paula Caride  “Coas mans na masa”.

Esta actividade, nace coa idea de plasmar a “pegada” que a crianza está a deixar nas nosas vidas: Que significa para cada unha de nós a crianza con apego? Cales foron ou están a ser as maiores dificultades coas que nos atopamos? Cales experiencias resultaron máis gratificantes?

Partindo desta premisa, sucedéronse dúas xornadas nas que pasamos un bo rato en familia estimulando táctil e visualmente ás nosas crianzas, compartindo experiencias e facendo manualidades con pasta de sal. Os materiais empregados para a base da masa de sal foron: fariña, sal e auga; coa posibilidade de tinguila con colorantes alimentarios en líquido, conseguindo un amplo abanico de tonalidades.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para os máis pequenos, colocouse polo chan un amplo mantel plastificado, co obxectivo de facelos partícipes da actividade mediante a manipulación da masa. Acompañados de utensilios de cociña coma roletes ou moldes para galletas. Pasárono realmente ben, enzoufándose coa fariña e xogando co material coma se fose plastilina.

Finalizamos a actividade coa impresión das pegaas de mans e pés da familia, en variantes cromáticas e compositivas, deixándoa secar para conseguir un molde duro. Sen dúbida, un recordo desta etapa concreta na evolución dos nos@s nen@s e dos momentos únicos que desfrutamos xuntos para facela.

 

 

 

 

Un agradecemento especial a Paula, pola paciencia e dedicación nestas xornadas e ás asistentes pola súa participación