Hosting por

Durante éste ano 2019 a sede da Coruña contou coa colaboración dalgúns profesionais para que as familias poidésemos ampliar ou reforzar os nosos coñecementos.

No mes de febreiro houbo unha charla sobre a saúde bucodental para embarazadas e familias con nenos, e contamos con María Allegue, odontopediatra da clínica “La Doctora Allegue e os dentilhéroes”. Contounos como podemos traballar a prevención das caries dos máis cativos. Explicounos como non só inflúe na creación da caries a composición dos alimentos, senon tamén a forma de presentación .Por exemplo, a froita enteira mastícase, o cal fai que salivemos, e protexe de forma natural os dentes. Ademáis deunos unhas pautas de mellora para o cepillado dos mesmos, tendo en conta as recomendacións oficiais máis actualizadas.

No mes de maio contamos coa presencia de Tania, que nos refrescou o tema do porteo. Falounos sobre a impotancia de levar ó bebé nun bó portabebé, que se adapte a súa postura natural en cada etapa do seu crecemento. Ensinou a gran variedade de portabebés dos que dispoñemos: fulares elásticos, ríxidos, bandoleiras, … Explicou a colocación de cada un deles e como conseguir a postura que respecte a fisionomía do meniño. Puidemos probar os diferentes portabebés e solventar dúbidas que se presentaban coma, por exemplo, o porque non se deben levar ós cativos na mochila “cara adiante”

Como remate á tempada, contamos cun taller moi interesante e práctico. David Vázquez,enfermeiro, nos explicou como actuar ante diversas situacións de emerxencia,tanto en adultos como en cativos, como pode ser unha parada cardiorespiratoria, atragantamentos, convulsións,…. Tamén fixemos a nivel práctico como realizar a reanimación cardiopulmonar e ata os máis pequenos animáronse a probar!

E así remata a actividade na sede da Coruña. De momento,tal e como informamos, quedan suspendidas as reunións e os obradoiros ata novo aviso.

Un saúdo