Comezou lendo un trociño do libro de Jorge Bucay “Contos para pensar” . Explicounos como a resposta ante un estímulo depende de varios factores, coma poderían ser a experiencia e o contexto.
As nosas emocións xogan un papel importante no momento que as nosas crianzas teñen un estalido emocional; autocuidarnos, facer unha reflexión diaria sobre como nos sentimos, entre outros, axudará a manter a calma ante éstas situacións e a coñecernos mellor a nós mesmos. Xogando con eles,a través do xogo das caras e/ou ensinándolles libros nos que se mostren personaxes que expresen con xestos as emocións, axudará a que recoñezan que é o q lles pasa. Houbo,ademáis,unha choiva de ideas por parte dos asistentes.
Os libros recomendados,tanto para os máis pequenos coma para os adultos, puidemos coñecelos in situ.
Agradecer a Xoana toda a información que compartiu e a todas as familias asistentes pola súa atención.