Hosting por

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

SEMANA EUROPEA DA LACTANCIA MATERNA- SORTEO!!

10 Outubro, 2022 - 16 Outubro, 2022

Hoxe comeza a SELM 2022, que este ano ten como lema Impulsemos a lactancia materna. Apoiando e educando. Teta e Coliño quere sumarse a este acontecemento e por iso sortearase o libro “Palabra de madre: el poder de la maternidad” de Ibone Olza. Atentas durante esta semana ás RRSS!!

Compartimos por aquí as bases do sorteo. Animádevos a participar!!!!

BASES DO SORTEO

1. ORGANIZADORA: Teta e Coliño (en adiante, a “ORGANIZADORA”), organiza o presente sorteo (en adiante, o “SORTEO”).

2. VIXENCIA: O SORTEO terá vixencia en España (península) dende o luns 10 de outubro de 2022 ó domingo 16 de outubro de 2022 (en adiante, “PRAZO DE VIXENCIA”). O sorteo realizarase o día 20 de outubro e anunciarase ese día á persoa gañadora.

3. ACEPTACIÓN DAS BASES E CONDICIÓNS: A mera participación no SORTEO implica a total e irrestricta aceptación e coñecemento das presentes Bases e Condicións (en diante, as “BASES”), así como das decisións que posteriormente poida adoptar A ORGANIZADORA en relación con calquera punto ou cuestión non prevista nas mesmas.

4. OS/AS PARTICIPANTES: Poderán participar no SORTEO todas aquelas persoas maiores de 18 anos de idade que residan en España (península) e sigan a mecánica descrita no punto 5º das presentes BASES (en adiante, os/as “PARTICIPANTE/S”). En ningún caso se admitirá a participación de menores de 18 años de idade nin residentes doutros países.

5. MECÁNICA DO CONCURSO: As persoas interesadas en participar no SORTEO terán que facer un comentario na publicación en Facebook e/ou instagram. Cada comentario que se publique participando nos post ou similares publicados a tal efecto terá dereito a unha participación no sorteo e poderase ter dereito ata un máximo de 5 participacións en Facebook ou en Instagram durante todo o prazo de vixencia, puidendo ter participación doble en caso de publicar en ambas redes sociais (en adiante RRSS). Os post ou similares publicaranse dende o 10 ata o 16 de outubro e os sorteos realizaranse na web SORTEA2 nas datas que indica o punto nº 2.
A participación no presente SORTEO será sen obriga de compra ou servizo algún.

6. PREMIO: O premio do concurso está composto polo libro “Palabra de madre: el poder de la maternidad” de Ibone Olza. Inclúese neste premio os gastos de envío á dirección facilitada polo gañador/a.
Só haberá un gañador/a e o PREMIO non poderá ser tranferible a terceiros nin canxeables por cartos en efectivo, nin por outro premio distinto do asignado nas presentes bases.

7. SORTEOS. REQUISITOS DE ASIGNACIÓN: Entre tódolos comentarios recopilados nos post de Facebook e Instagram de Teta e Coliño realizados válidamente, unificaránse nunha mesma base de datos a fin de realizar os sorteos polo premio detallado no punto nº 6 nas datas marcadas no punto nº 2. O sorteo efectuaranse mediante a execución do sistema informático da web SORTEA2, facendo que a selección do ganador/a sexa efectuada en forma totalmente aleatoria e ó azar. O nome da persona gañadora publicarase nas RRSS de Teta e Coliño e terá un prazo de 5 días dende o anuncio do fallo do sorteo para facilitar á asociación os seus datos de contacto mediante mensaxería privada (Messenger ou mensaxe directa en Ig). De non efectuarse tal información procederase á adxudicación do premio á primeira participante suplente.

8. ENTREGA DO PREMIO: O PREMIO indicado no punto 6 enviarase á dirección facilitada dentro dos 30 días corridos da data de asignación definitiva do PREMIO.
Dado que a participación só queda aberta a península calquera persoa que incumpla as presentes bases quedará excluida do sorteo pasando a seguinte participante suplente.

9. RESPONSABILIDAD E INDEMNIDADES: En ningún caso as/os PARTICIPANTES terán dereito a reclamar outro termo que non sexan os establecidos nas presentes bases.

10. MODIFICACIÓNS: Cando circunstancias non imputables á ORGANIZADORA e non previstas nestas BASES o xustifiquen, a ORGANIZADORA poderá cancelar, suspender ou modificar total ou parcialmente o SORTEO sin que isto lle xenere dereito a compensación algunha a favor dos PARTICIPANTES.

11. A ORGANIZADORA poderá limitar ou prohibir a participación nestes SORTEOS de calquera PARTICIPANTE, en caso de presumir fundadamente a existencia de fraude ou alteración na mecánica de participación. Asimesmo, se entenderá que existe unha maniobra fraudulenta por parte dos PARTICIPANTES no caso que algún deles ingrese nun número moito maior de veces á FanPage nun período de tempo determinado do que un ser humano ordinario podería ingresar.

12. DATOS PERSOAIS: Os datos persoais brindados polos Participantes a través da Fanpage de Teta e Coliño ou vía e-mail para a participación nestes SORTEOS, serán obxeto de tratamento automatizado e incorporados á base de datos de titularidade da ORGANIZADORA. A provisión dos datos por parte dos Participantes dos SORTEOS é voluntaria, sen perxuízo de ser un requisito necesario para participar nos SORTEOS, pero sí en caso de ser gañador/a. En calquera caso poderase solicitar a anulación dos datos previa comunicación á asociación.

13. As presentes BASES atópanse a disposición de calquera interesada/o na web de Teta e Coliño (https://www.tetaecolino.gal/blog)

14. Facebook e Instagram (Meta)non patrocina, avala nin administra de modo algún este SORTEO, nin está asociado a esta entidade. Toda a información proporcionada polos PARTICIPANTES será recolectada e destinada á ORGANIZADORA e non a Facebook nin Instagram

 

                                                                         

Details

Comezo:
10 Outubro, 2022
End:
16 Outubro, 2022
Event Tags:
, , , ,

Organizer

Teta e Coliño
Email
tetaecolinho@gmail.com
View Organizer Website