
OBRADOIRO ONLINE ” SONO SEGURO E RUTINAS RESPECTUOSAS”
11 Setembro ás 17:00 - 19:00
de balde
O sábado 11de Setembro ás 17h teremos a charla “Sono seguro e rutinas respectuosas” na modalidade online a través da plataforma Zoom.
Da man de Cecilia Cánepa, psicóloga parinatal especializada en infancia, asesora de lactancia e sono infantil e voluntaria da nosa asociación.
Coñeceremos como é o sono en cada etapa, falaremos sobre hixiene do sono, sono seguro e daremos algún consello útil ás familias sobre que cousas o favorecen. Tamén trataremos o tema pesadelos e terrores nocturnos.
Este obradoiro é aberto ao público en xeral pero teñen preferencia as familias socias de Teta e Coliño. Se queres inscribirte preme na seguinte ligazón FORMULARIO INSCRICIÓN SONO