
- Este evento pasou.
Obradoiro online “OS INICIOS DA LACTANCIA”
22 Novembro, 2025 ás 10:30 - 12:30
DE BALDE
O sábado 22 de novembro de 10:30 a 12:30h teremos a charla “Inicios da lactancia” no modalidade online a través da plataforma Zoom. Nel coñeceremos os puntos clave para adentrarnos no mundo da lactancia con seguridade e información, tratando os seguintes temas:
- reflexións sobre as nosas expectativas coa lactancia: que sabemos e por que está influído
- ¿teño que prepararme para dar o peito?
- ¿que significa que a lactancia é a demanda?
- a técnica de lactancia: posición e agarre
- a importancia do posparto inmediato: pel con pel
- ¿e que pasa se nos separan?
- sinais de que o teu bebé estase alimentando ben
- comportamento “normal” dun bebé
- sono e lactancia materna
- entendendo os percentiles
- algún dos posibles problemas e posibles solucións
- mitos e “incultura” popular na lactancia
Este obradoiro é aberto ao público en xeral pero teñen preferencia as familias socias de Teta e Coliño ata o 17 de novembro. Se queres inscribirte preme na seguinte ligazón FORMULARIO INSCRICIÓN LACTANCIA