Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

OBRADOIRO ONLINE ” ACOMPAÑANDO O SONO DAS NOSAS CRIANZAS 0-3 ANOS”

17 Xaneiro ás 10:30 - 12:30
de balde
sábado 17 de xaneiro as 10:30h teremos a charla  “Acompañando o sono das nosas crianzas 0-3 anos”  na modalidade online a través da plataforma Zoom.
Da man de Cecilia Cánepa, psicóloga parinatal especializada en infancia, asesora de lactancia e sono infantil e voluntaria da nosa asociación.
Coñeceremos como é o sono en cada etapa, falaremos sobre hixiene do sono, sono seguro e daremos algún consello útil ás familias sobre que cousas o favorecen. Tamén trataremos o tema pesadelos e terrores nocturnos.
Este obradoiro é aberto ao público en xeral pero teñen preferencia as familias socias de Teta e Coliño ata o 12 de xaneiroSe queres inscribirte preme na seguinte ligazón FORMULARIO INSCRICIÓN SONO

Detalles

Protagonista