Hosting por

Este ano 2021 é un ano especial para a asociación. Así que entre as familias socias levarase a cabo un sorteo especial 10° aniversario.

BASES DO SORTEO

1. ORGANIZADOR: Teta e Coliño (en adiante, o “ORGANIZADOR”), organiza o presente sorteo (en adiante, o “SORTEO”).

2. VIXENCIA: O SORTEO terá vixencia en España (península),e realizarase o mércores, día 17 de marzo. Anunciarase e se contactará ese día coa persona gañadora a través do mail e/ou grupo de telegram

3. ACEPTACIÓN DAS BASES E CONDICIÓNS: A mera participación no SORTEO implica a total e irrestricta aceptación e coñecemento das presentes Bases e Condicións (en diante, as “BASES”), así como das decisións que posteriormente poida adoptar o ORGANIZADOR en relación con calquera punto ou cuestión non prevista nas mesmas.

4. OS/AS PARTICIPANTES: Poderán participar no SORTEO todas aquelas persoas maiores de 18 anos de idade que residan en España (península) e sigan a mecánica descrita no punto 5º das presentes BASES (en adiante, os/as “PARTICIPANTE/S”). En ningún caso se admitirá a participación de menores de 18 años de idade nin residentes doutros países.

5. MECÁNICA DO CONCURSO:  tódalas familias que formen parte da asociación e que estén ó día co pago da cota anual poderán participar no sorteo

6. PREMIOS: O premio do concurso está composto por unha taza térmica e dúas casiñas de madeira. Inclúese neste premio os gastos de envío á dirección facilitada polo gañador/a.
Só haberá un gañador/a por sorteo e o PREMIO non poderá ser tranferible a terceiros nin canxeables por cartos en efectivo, nin por outro premio distinto do asignado nas presentes bases.

7. SORTEOS. REQUISITOS DE ASIGNACIÓN: Todas as familias socias unificarasen nunha mesma base de datos a fin de realizar o sorteo polo premio detallado no punto nº 6 na data marcada no punto nº 2.O sorteo será efectuado mediante a execución do sistema informático da web SORTEA2, facendo que a selección do ganador/a sexa efectuada en forma totalmente aleatoria e ó azar. A persona gañadora  terá un prazo de 5 días dende o anuncio do fallo do sorteo para facilitar á asociación os seus datos de contacto. De non efectuarse tal información procederase a adxudicación do premio á primeira participante suplente.

8. ENTREGA DO PREMIO: O PREMIO indicado no punto 6 enviarase á dirección facilitada dentro dos 30 días corridos da data de asignación definitiva do PREMIO.
Dado que a participación só queda aberta a península calquera persoa que incumpla as presentes bases quedará excluida do sorteo pasando a seguinte participante suplente.

9. RESPONSABILIDAD E INDEMNIDADES: En ningún caso as/os PARTICIPANTES terán dereito a reclamar outro termo que non sexan os establecidos nas presentes bases.

10. MODIFICACIÓNS: Cando circunstancias non imputables ao ORGANIZADOR e non previstas nestas BASES o xustifiquen, o ORGANIZADOR poderá cancelar, suspender ou modificar total ou parcialmente o SORTEO sin que isto lle xere dereito a compensación algunha a favor dos PARTICIPANTES.

11. O ORGANIZADOR poderá limitar ou prohibir a participación nestes SORTEOS de calquer PARTICIPANTE, en caso de presumir fundadamente a existencia de fraude ou alteración na mecánica de participación.

12. As presentes BASES atópanse a disposición de calquer interesada/o na web de Teta e Coliño (https://www.tetaecolino.gal/blog