Hosting por

O próximo luns 23 de maio, Teta e Coliño ofrecerá unha charla-taller titulada “CLAVES PARA UNHA LACTANCIA MATERNA FELIZ”
Será a partir das 12 horas no Centro Sociocultural. Estará especialmente dirixida a futuras mamás e papás, pero como sempre pode acudir calquera persoa interesada no tema. 
 
Falaremos sobre:
-Parto e lactancia: ¿Como afecta o tipo de parto ó establecemento da lactancia materna?
-Primeiros momentos co bebé. A importancia da primeira hora. Agarre espontáneo. Frecuencia das tomas. Como previr posibles dificultades.
-A chegada a casa: A subida do leite. ¿Estará comendo o suficiente? Primeiras sensacións e dúbidas frecuentes.
-Primeiras visitas ó pediatra. Control de peso. Curvas de crecemento.

-E demais temas que vaian xurdindo!