O pasado día 24 de novembro puidemos desfrutar dunha charla a cargo de Giovanna Pose, guía Montessori e educadora infantil formada en Irlanda.
A sesión comezou cunha introducción dos principios básicos da metodoloxía; ensinounos como levala á práctica e como adaptar o fogar con mobles e utensilios axeitados.
Para rematar, logo de resover tódalas dúbidas dos asistentes, fixemos algúns casos prácticos con xogos.
En todo momento houbo material de xogo montessori exposto a disposición dos asistentes.
Saímos todos moi contentos e con ganas de aplicar as extratexias das que falamos.
Moitas grazas pola túa colaboración Giovanna!