Hosting por

Na manifestación do pasado 4 de Marzo en Vigo, a nosa Asociación Teta e Coliño, asistiu co lema, na pancarta “Aleitando e Criando como nos sae das Tetas”. A asistencia foi multitudinaria, tanto da Cidade, como de toda a Comarca. As Mulleres, na nosa gran maioría, asistimos en masa á manifestación do 4 de Marzo, así como a Folga do 8.

Coma sempre, as participantes de Teta e Coliño, asistimos á manifestación coas nosas crianzas, algunhas porteadas, outras en carros. Porque queremos e traballamos, por unha vida na que se fagan partícipes aos nos@s meniñ@s.

Emociónome, lembrando as rúas cheas de mulleres berrando ao mundo enteiro!! Tiveron eco moitas consignas , pero todas elas cun mesmo fin, “Esta sociedade nosa ten que cambiar en Femenino, por e para as mulleres”.

Dende este Blogue, gustaríanos resaltar, e sobre todo agradecer o gran labor que fixo, e fai, a Asociación da Marcha Mundial das Mulleres, na sede de Vigo. Grazas polo labor de difusión, organización, apoio, unión e colaboración para ambas accións do 4 e 8 de Marzo de este ano. Inda quedando un longo camiño por percorrer, cada paso suma para acadar os obxectivos.