Hosting por

O lema da SELM neste 2017 foi “Construíndo alianzas para PROTEXER a lactancia materna. Polo ben común, sen conflitos de interese”. Deixámosche a ligazón onde o explica:



E como non hai teta sen colo e viceversa, durante estes inicios de outubro celébrase tamén a “Semana Internacional da Crianza en Brazos”, lanzada pola Asociación Babywearing International. Este ano co lema “Entrelazados”. A inspiración para o título vén dos diferentes tipos de fíos que se empregan no proceso de elaboración dos portabebés. Todos estes fíos, unha vez entrelazados e combinados crean os materiais do mesmo xeito que as persoas e grupos de todo o mundo se entrelazan para crear unha comunidade global de porteadores.

En Teta e Coliño unímonos as celebracións desta semana tan importante para nós mediante xogos, debates, reunións con actividades moi especiais e como broche final co SORTEO do libro “Somos la leche” de Alba Padró.



Nas redes sociais disfrutamos dunha serie de actividades das que vos facemos un resumo:

Día 1: Propuxemos a pregunta: Que te aporta ou aportou a lactancia ou o porteo á túa vida? 

Tivemos respostas de tódolos tipos que coincidiron, tanto en porteo como na lactancia, nos seus beneficios: benestar, tranquilidade, complicidade e infinito amor.

Aínda que tamén tiveron cabida as complicacións (caos, estrés, dor, mastite…) que quedan nun segundo lugar polos momentos máxicos que traen con elas.

Día 2: Tivo lugar un debate en base ao artigo:

Todo vale para protexer a lactancia materna?

As respostas coincidiron en que o importante é estar ben informados e en base a iso tomar a mellor decisión.
Día 3: Grazas á colaboración das familias amigas de Teta e Coliño puidemos elaborar escalas de situacións e sentimentos de porteo e lactancia, nas que as/os usuarias/os das nosas redes puideron pasar un bo rato sinalando nas imaxes cómo se sentían nese día 🙂



Día 4: Abrimos outro debate: Existen os “portabebés ergonómicos”? Un portabebés axeitado e mal empregado, pode denominarse ergonómico?
Que é a ergonomía? Basta con que o bebé vaia ben colocado? Que ocorre co porteador? E específicamente, co solo pélvico da mamá?.

Gustáronnos moito as respostas, que coincidiron en que un portabebé, sexa o que sexa, mal empregado non se pode calificar de ergonómico. Sempre hai que buscar ergonomía e seguridade para o fillo pero tamén para o porteador.
Día 5: O xogo das Tetapelis: 
Consistía en cambiar unha das palabras do título de películas conseguindo títulos tan divertidos como: “A teta é bela”, “Bailando con tetas”, “Resacón nas tetas”, “Mulleres ao borde dun ataque de tetas”…



Día 6: Debate: aleitar en público ou en espazos destinados a iso.
Credes que se deben crear máis espazos como as salas de lactancia en lugares como centros comerciais, grandes tendas, concellos…?


A maioría das respostas foron que estes espazos non serían precisos se a lactancia estivese máis normalizada, aínda que seguen sendo necesarios xa que moitas nais prefiren ese lugar de tranquildade e intimidade á hora de aleitar

Aproveitamos este sexto día para facer o xogo do trivial para poñer a proba os coñecementos das interesadas no porteo. Foi unha gran maneira para aprender sobre o porteo entre todas.

Día 7: Rematamos esta semana pedindo que se compartira algunha canción que recordara algún momento da lactancia ou porteo.

Saíron canións como: “un barquito chiquitito”, “kind of blue”, “5 lobiños”, “A teta”, “parte míña”, “a rá cantaba debaixo da auga”, “leite con mel”…


E por último e non menos importante adicamos as reunións presencias desa semana para facer unha celebración da SELM e da SICB.




Entre as actividades realizadas tivemos:

– A pintada do cartel co logo da asociación conmemorando esta semana.



– Lectura colectiva de relatos sobre lactancia e porteo.



– E de colofón final da reunión fixemos cos máis peques uns imáns onde quedaron reflexadas as emocións que espertan en nós a crianza dos nosos bebés. Quedaron moi feitiños.




E nada mellor que un doce especial para acompañar as xornadas.


Ao rematar esta semana fixemos o sorteo do libro de Alba Padró e a gañadora foi Carla, que quedou moi contenta co agasallo.


Non queremos deixar de dar as grazas a todas e todos aqueles que fixeron posibles as actividades desta semana, é pola súa axuda que podemos seguir sendo unha gran asociación.