Hosting por

1. ORGANIZADOR: Teta e Coliño (en adiante, o “ORGANIZADOR”), organiza o presente sorteo (en adiante, o “SORTEO”).

2. VIXENCIA: O SORTEO terá vixencia en España (península) dende o día luns 5 de outubro de 2020 ó día domingo 11 de outubro de 2020 (en adiante, “PRAZO DE VIXENCIA”). O sorteo realizarase o día 15 de outubro e anunciarase ese día a persona gañadora.

3. ACEPTACIÓN DAS BASES E CONDICIÓNS: A mera participación no SORTEO implica a total e irrestricta aceptación e coñecemento das presentes Bases e Condicións (en diante, as “BASES”), así como das decisións que posteriormente poida adoptar o ORGANIZADOR en relación con calquera punto ou cuestión non prevista nas mesmas.

4. OS/AS PARTICIPANTES: Poderán participar no SORTEO todas aquelas persoas maiores de 18 anos de idade que residan en España (península) e sigan a mecánica descrita no punto 5º das presentes BASES (en adiante, os/as “PARTICIPANTE/S”). En ningún caso se admitirá a participación de menores de 18 años de idade nin residentes doutros países.

5. MECÁNICA DO CONCURSO: As persoas interesadas en participar no SORTEO deberán ser ou facerse fans da Fanpage de Facebook de Teta e Coliño (en diante “FanPage”). Cada comentario que se publique participando nos post ou similares publicados a tal efecto terá dereito a unha participación no sorteo e poderase ter dereito ata un máximo de 5 participacións durante todo o prazo de vixencia. Os post ou similares publicaranse dende o 5 ata o 11 de outubro e os sorteos realizaranse na web SORTEA2 nas datas que indica o punto nº 2.
A participación no presente SORTEO será sen obriga de compra ou servizo algún, dado que a suscripción á conta da “Fanpage” é libre e gratuita.

6. PREMIOS: Os premios do concurso están compostos polos libros “El libro de la lactancia” de José María Paricio e “La Comunidad(guía de porteo o ilustrada)” de Amaia Armendariz . Inclúese neste premio os gastos de envio á dirección facilitada polo gañador/a.
Só haberá un gañador/a por sorteo e os PREMIOS no poderán ser tranferibles a terceiros nin canxeables por cartos en efectivo, nin por outro premio distinto do asignado nas presentes bases.

7. SORTEOS. REQUISITOS DE ASIGNACIÓN: Entre todos os comentarios recopilados nos post da Fanpage de Teta e Coliño realizadas válidamente, unificarase unha mesma base de datos a fin de realizar os sorteos polos premios detallados no punto nº 6 nas datas marcadas no punto nº 2. Ambos sorteos serán efectuados mediante a execución do sistema informático da web SORTEA2, facendo que a selección do ganador/a sexa efectuada en forma totalmente aleatoria e o azar. As personas gañadoras publicanrase na Fanpage de Teta e Coliño e terán un prazo de 5 días dende o anuncio do fallo do sorteo para facilitar á asociación os seus datos de contacto mediante mensaxería privada (Messenger). De non efectuarse tal información procederase a adxudicación do premio á primeira participante suplente.

8. ENTREGA DO PREMIO: O PREMIO indicado no punto 6 enviarase á dirección facilitada dentro dos 30 días corridos da data de asignación definitiva do PREMIO.
Dado que a participación só queda aberta a península calquera persoa que incumpla as presentes bases quedará excluida do sorteo pasando a seguinte participante suplente.

9. RESPONSABILIDAD E INDEMNIDADES: En ningún caso as/os PARTICIPANTES terán dereito a reclamar outro termo que non sexan os establecidos nas presentes bases.

10. MODIFICACIÓNS: Cando circunstancias non imputables ao ORGANIZADOR e non previstas nestas BASES o xustifiquen, o ORGANIZADOR poderá cancelar, suspender ou modificar total ou parcialmente o SORTEO sin que isto lle xere dereito a compensación algunha a favor dos PARTICIPANTES.

11. O ORGANIZADOR poderá limitar ou prohibir a participación nestes SORTEOS de calquer PARTICIPANTE, en caso de presumir fundadamente a existencia de fraude ou alteración na mecánica de participación. Asimesmo, se entenderá que existe unha maniobra fraudulenta por parte dos PARTICIPANTES no caso que algún deles ingrese nun número moito maior de veces á FanPage nun período de tempo determinado do que un ser humano ordinario podría ingresar.

12. DATOS PERSOAIS: Os datos persoais brindados polos Participantes a través da Fanpage de Teta e Coliño ou vía e-mail para a participación nestes SORTEOS, serán obxeto de tratamiento automatizado e incorporados á base de datos de titularidade do ORGANIZADOR. A provisión dos datos por parte dos Participantes dos SORTEOS é voluntaria, sen perxuizo de ser un requisito necesario para participar nos SORTEOS, pero sí en caso de ser gañador/a.
En calquera caso poderase solicitar a anulación dos datos previa comunicación á asociación.

13. As presentes BASES atópanse a disposición de calquer interesada/o na web de Teta e Coliño (http://www.tetaecolino.gal/blog)

14. Facebook no patrocina, avala nin administra de modo algún estes SORTEOS, nin está asociado a esta entidade. Toda a información proporcionada polos PARTICIPANTES será recolectada e destinada ó ORGANIZADOR e non a Facebook.