Hosting por dinahosting.

Comenzamos unha nova tempada en Teta e Coliño coa ilusión de compartires xuntos a aventura de ser pais.

O ano anterior estivo repleto de actividades interesantes, tanto para pais coma para crianzas. Pudemos disfrutar de obradoiros como o de Porteo ás Costas, para descubrir que portear é máis sinxelo do que parece. Entre risas e conversas fixémoslle un Quiet Book ás nosas crianzas. Tamén escoitamos a expertos falar acerca de Primeros Auxilios en bebés e rapaces, acerca de establecer plans emocionais propios para poder criar como realmente queremos facelo. Poidemos asistir tamén a charlas nas que se nos daban propostas para compatibilizar lactancia materna con traballo, acerca de cómo introducir a alimentación complementaria. Aprendemos a facer mesas de Estación ó estilo Waldorf, e desfrutamos masaxeando aos bebés. Ademáis de moitos talleres e obradoiros máis.

Esta nova tempada gustarianos continuar contando con vós para aprender acerca do marabilloso mundo da infancia e compartir tempo xuntos, como tribu que somos. Como novidade, comenzamos este mes a facer as reunións de crianza, que sempre que o tempo o permita e apeteza ás familias, serán ó aire libre.

Continuaremos tamén coas clásicas reunións de Lactancia e Porteo.

Desexámosvos un moi bo comenzo de curso e animámosvos a farceros socias e socios de Teta e Coliño como apoio ao noso proxecto. Podedes facelo no seguinte enlace:

Saludos a todos e feliz crianza.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies