Hosting por dinahosting.

Esta tempada, como novidade en Vigo, imos realizar reunións de Crianza, que se realizarán independentemente das reunións de Lactancia de Porteo, e que se celebrarán o segundo xoves de cada mes.

O proxecto nace froito de que aquelas crianzas que fai uns aniños eran bebés, foron crecendo e convertíndose en nenas e nenos que amplían os seus horizontes e que precisan espazos, relacións e formas de xogar diferentes. 

A intención coas reunións de Crianza é xerar un espazo no que tanto as nenas e nenos, coma os adultos acompañantes, teñamos a oportunidade de pasar momentos agradables en compañía. Un espazo de relación, que se o tempo o permite será ó aire libre. Cada día iremos facendo diferentes propostas de xogo, totalmente flexibles en función das circunstancias e das interrelacións que vaian surxindo. 
Sé vos apetece unirvos, comenzamos este xoves día 12, ás 17:30 horas no parque do Castro. Sodes benvid@s.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies