Hosting por dinahosting.

O anterior xoves día 10 tivemos a reunión de Crianza no monte do Castro, en Vigo.

Cada día vamos sumando persoas, e o grupo continua proporcionando un espazo dinámico e aberto a todas as familias, no que compartir inquedanzas en relación coa crianza dos nosos cativos ou simplemente estar e xogar.

Nesta ocasión decidimos festexar a chegada do outono elaborando bonecos con ramas e la de diferentes cores. Tamén recollimos follas e as pegamos para facer diversos debuxos.

Pasamos unha tardiña tranquila e soleada de outono entre conversas dos adultos e xogos dos nenos.

A próxima reunión de crianza celebrarase o segundo xoves do vindeiro mes, que nesta ocasión coincide o día 14 de novembro. Agardámosvos, familias, abertos a compartir e dispostos a acompañarnos e pasar momentos xuntos, que diso se trata a crianza e a vida en sí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies