Hosting por dinahosting.

O xoves anterior fixemos a primeira xuntanza únicamente de Crianza no Castro de Vigo. Acudimos para pasar un tempiño coas crianzas ó carón  doutras familias. Pasamos unha tarde moi agradable á sombriña dun fermoso carballo. A cativada puido desfrutar dos beneficios para o desenvolvemento emocional e motriz que conleva xogar ó aire libre. Puideron correr no céspede, xogar ó escondite inglés, xogar coas follas do outono e esconderse nunha tenda de campaña con forma de casiña. Tamén tocaron instrumentos musicais e xogaron cunha comba.

Sen lugar a dúbidas, o máis fermoso de todo é velos interaccionar entre sí e con outros adultos, ver cómo van medrando xuntos.

As nais e pais asistentes tamén tivemos ocasión de conversar tranquilamente, coa liberdade e tranquilidade que proporciona o feito de ver que os nosos fillos o pasan ben, connosco e entre eles. Todo iso nun entorno privilexiado como é o Castro de Vigo, rodeados de natureza, preto dos ritmos naturais propios das crianzas, das persoas.

O segundo xoves do vindeiro mes, o día 10 de outubro, voltaremos a facer a xuntanza de crianza. Estades todos, familias, convidados a unirvos a ésta vosa tribu. Enviámosvos apertas dende Teta e Coliño e desexámosvos unha Crianza en Calma.

*Recomendámosche consultar posibles cambios acerca das datas da reunión no Facebook de Teta e Coliño.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies