Hosting por

Preguntas frecuentes

Que é Teta e Coliño?
Teta e Coliño, Asociación de lactancia e crianza con apego, é unha asociación sen ánimo de lucro baseada nos grupos de apoio mutuo e na atención especializada.
Cales son os seus obxectivos?
Teta e Coliño traballa pola recuperación e normalización da lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións informadas e creando espazos de intercambio de experiencias. En termos xerais, promove a concienciación da
sociedade sobre a importancia dunha crianza consciente e saludable.
Onde están as súas sedes?

As sedes activas son as seguintes:

Vigo. Inaugurada en 2014. Grupos de lactancia e crianza e grupo de porteo (Navia).

Lalín. Inaugurada en 2022. Grupo de crianza e (por agora) asesoría on-line de lactancia.

 

Por quen está formada?

Teta e Coliño está formada por familias/persoas socias e usuarias. A maior parte das socias son familias que son (ou foron) usuarias dos servizos da asociación.
Algunhas das nosas socias exercen labores de voluntariado.

Visita a sección quen somos? para saber máis.

Que servizos ofrece e a quen van dirixidos?

– Reunións de lactancia

– Reunións de porteo

– Reunións de crianza

– Actividades informativas e formativas

– Charlas e obradoiros

– Grupos de chat

– Atención e asesoría telefónica ou messenger

– Atención por correo electrónico

– Préstamo de material de lactancia, de portabebés e de libros

O acceso aos nosos servizos é habitualmente sen custo para as familias. As nosas voluntarias ofrecen o seu tempo para que estes servizos poidan ter lugar.

Que significa asociarse a Teta e Coliño?

Asociarse a Teta e Coliño significa apoiar o labor da Asociación mediante unha cota de socia (achega económica anual). Implica tamén respectar os seus Estatutos. Asimesmo, contarás coas vantaxes que podes ver no cadro anterior:

– Préstamos de material de lactancia, portabebés, biblioteta.

– Acceso exclusivo a grupo de chat de telegram.

– Prioridade e /ou exclusividade acceso a actividades.

Canto tempo dura a afiliación? Cando toca renovar?
-Altas de socia no primeiro semestre: renovación en marzo do ano seguinte.
-Altas de socia no segundo semestre: renovación en outubro do ano seguinte.
En caso de dúbida, podes consultar a vixencia no teu carnet de socia; ou ben preguntarnos no correo tetaecolinho@gmail.com
De que outras maneiras podo axudar a Teta e Coliño?

Se sentes que queres colaborar activamente nalgunha das tarefas de organización ou de axuda directa, serás moi benvida! Tanto se consideras implicarte de forma máis ou menos continuada como de forma puntual.
Ademais do Equipo de Xunta Directiva, os voluntariados Teta e Coliño desenvólvense a través de:

  • Grupo de voluntarias

  • Equipo de Asesoría en lactancia

Cales son as típicas tarefas?

Asistencia e axuda nas reunións de lactancia e de porteo, organización e loxística das actividades (charlas, obradoiros…), deseño gráfico, difusión, moderación, trámites burocráticos, control dos préstamos, contacto con colaboradores, subvencións, etc.
Escríbenos, chámanos ou pregúntanos en calquera xuntanza! Xuntas veremos que necesidades actuais ten a Asociación que che poidan encaixar nas túas habilidades, gustos e dispoñibilidade.

Outra forma de colaborar é mediante algunha doazón económica ou doazón material, que nos axude a axudar ás familias. Exemplos destas últimas: libros sobre as temáticas que tratamos na Asociación, extractores de leite e outros artigos de lactancia; ou portabebés e complementos relacionados.

Contacto. A quen me dirixo en caso de dúbidas, propostas...?

INFORMACIÓN XERAL SOBRE A ASOCIACIÓN: 689 845 683

Horario atención: tardes de 17:30-20:30.

– Info xeral: tetaecolinho@gmail.com

-Teta e Coliño Vigo e secretaría: tetaecolinhovigo@gmail.com

-Teta e Coliño Lalín: tetaecolinholalin@gmail.com

-Comunicación: tetaecolinho.comunicacion@gmail.com

CONSULTAS COAS ASESORAS DE LACTANCIA:

Telf 1: 689 845 683 (só tardes)

Telf 2: 682 548 002 (só tardes)
Telf 3: 638 612 396 (só tardes)