-Se queres aprender sobre porteo ergonómico e porteo seguro…
-Se queres asesoramento sobre o portabebés que necesitas…
-Se xa tes na casa un portabebés e queres aprender a usalo…
-Se xa porteas e che apetece probar outros tipos, modelos ou tecidos de portabebés…
… non te perdas esta oportunidade!!!!
As nosas voluntarias explicarán o que necesitas saber para comezar a disfrutar da experiencia. Levaremos o noso fondo de portabebés: fulares elásticos e tecidos, bandoleiras, mochilas para diversas idades… e tamén bonecos para probar.
Despois, se es socia poderás levar portabebés en préstamo para casa, e así seguir practicando.
Asistencia libre e gratuíta. Axúdanos a difundir!!!