Hosting por

OBRADOIRO COMPATIBILIDADE TRABALLO-LACTANCIA 

Dirixido pola voluntaria Antía López Arce, a cal mostrou ter un amplo coñecemento do tema e o trasladou a través de numerosos recursos gráficos (tipos de sacaleites, vídeos de extracción manual, etc), sen esquecer os recursos físicos (sacaleites, vasiños, biberóns, etc) que se atopan a disposición das familias socias para préstamo.

Achegáronse familias que están a piques de pasar esta difícil etapa da lactancia e creouse un ambiente agradable no que as familias puideron resolver as súas dúbidas, tanto de extracción e conservación para formar un banco de leite propio, como de formas de administración do leite aos bebés durante a ausencia da mamá.

Compartíronse experiencias e sobre todo sentiuse un gran apoio para afrontar esta etapa.



OBRADOIRO ACOMPAÑANDO AS EMOCIÓNS EN FAMILIA

Impartido por Xoana Pintos Castro, voluntaria da asociación, a cal fixo desa tarde un gran día para ampliar coñecementos no campo das emocións de forma entretida.

Comezou a Charla co Conto para pensar de Jorge Bucay “Darse cuenta” para lembrar que o acompañamento emocional é una carreira de fondo, na que nos equivocaremos en moitas ocasións, pero na que os resultados se verán a longo prazo.

Logo procedeuse a explicar cómo se procesan os estímulos e a súa resposta. 
Cando recibimos un estímulo a través dos sentidos e a mensaxe (linguaxe), o noso cerebro o procesa e emite unha resposta. A resposta pode ser impulsiva (aquí só xogarían as hormonas e o noso cerebro emocional) ou unha resposta aprendida (aquí xogan as nosas crenzas e a nosa experiencia vital). O estrés pode afectar xa que cando é continuado, fainos segregar hormonas que nos fan ser máis impulsivos.



Por todo isto, é importante ser conscientes da nosa propia carga emocional e comezar por nós mesmas, abordando as nosas crenzas, e tomando consciencia dos nosos corpos, das nosas propias emocións.

Seguidamente, puidemos comprobar a complexidade que entraña recoñecer as emocións  mediante xogos, poñer en práctica ferramentas como mindfulness e finalmente fixemos una chuvia de ideas de cousas que podemos facer cando nos enfrontamos a un estalido emocional das nosas crianzas.




Grazas as poñentes por estes obradoiros, polo seu tempo e dedicación para ir mellorando nos nosos coidados dos máis queridos para nós, os nosos fillos