Hosting por dinahosting.

Durante éste ano 2019 a sede da Coruña contou coa colaboración dalgúns profesionais para que as familias poidésemos ampliar ou reforzar os nosos coñecementos.

No mes de febreiro houbo unha charla sobre a saúde bucodental para embarazadas e familias con nenos, e contamos con María Allegue, odontopediatra da clínica «La Doctora Allegue e os dentilhéroes». Contounos como podemos traballar a prevención das caries dos máis cativos. Explicounos como non só inflúe na creación da caries a composición dos alimentos, senon tamén a forma de presentación .Por exemplo, a froita enteira mastícase, o cal fai que salivemos, e protexe de forma natural os dentes. Ademáis deunos unhas pautas de mellora para o cepillado dos mesmos, tendo en conta as recomendacións oficiais máis actualizadas.

No mes de maio contamos coa presencia de Tania, que nos refrescou o tema do porteo. Falounos sobre a impotancia de levar ó bebé nun bó portabebé, que se adapte a súa postura natural en cada etapa do seu crecemento. Ensinou a gran variedade de portabebés dos que dispoñemos: fulares elásticos, ríxidos, bandoleiras, … Explicou a colocación de cada un deles e como conseguir a postura que respecte a fisionomía do meniño. Puidemos probar os diferentes portabebés e solventar dúbidas que se presentaban coma, por exemplo, o porque non se deben levar ós cativos na mochila «cara adiante»

Como remate á tempada, contamos cun taller moi interesante e práctico. David Vázquez,enfermeiro, nos explicou como actuar ante diversas situacións de emerxencia,tanto en adultos como en cativos, como pode ser unha parada cardiorespiratoria, atragantamentos, convulsións,…. Tamén fixemos a nivel práctico como realizar a reanimación cardiopulmonar e ata os máis pequenos animáronse a probar!

E así remata a actividade na sede da Coruña. De momento,tal e como informamos, quedan suspendidas as reunións e os obradoiros ata novo aviso.

Un saúdo

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies