Hosting por


O pasado 11 de Novembro tivemos a oportunidade de escoitar unha interesante charla sobre “Fisioterapia Respiratoria” impartida pola voluntaria da asociación Antía  que é nai, asesora de lactancia e fisioterapeuta na  sanidade pública galega. 

Fixonos unha pequena introducción á anatomía dos nosos bebés e contounos como o seu aparato respiratorio vai evolucionando a medida que van medrando. Falounos da abordaxe como pais da patoloxía respiratoria nos nosos bebés, así como establecer cales son as sinais de alerta para solicitar atención especializada ou saber cales son os recursos disponibles na sanidade pública.

Por suposto falounos das “afamadas” bronquiolites (patoloxía respiratoria máis común en menores de 24 meses de idade) e entendemos un pouco máis de porqué se xeran e cales son os seus síntomas máis frecuentes.
Lembrounos hábitos saudables, os cales se incluen na extratexia da OMS para evitar na medida do posible este tipo de patoloxías, tan sinxelos como son a Lactancia materna exclusiva ata os 6 meses, o hábito de lavar as mans e reducir a contaminación do aire interior dos nosos fogares.


Falounos de que técnicas de fisioterapia respiratoria se empregan actualmente, e cales están esgotadas e os seus inconvintes. Como facer correctamente un lavado nasal dependendo da idade do menor, como evitar que sexa tan molesto para ambas partes e un longo etc.

O final tivemos unha animada rolda de preguntas que Antía respostou dende a súa experiencia tanto como fisioterapeuta como nai da súa pequeña.

Deunos unha proposta que a tod@s nos encantou:  facer rir @s nosos pequenos para que teñan unha tos máis productiva.

Moitas gracias a Antía polos seus coñecementos e tempo e a tod@s os asistentes pola súa atención.