Hosting por dinahosting.

O vindeiro xoves día 10 de outubro reunirémonos novamente no monte do Castro, xunto coas nosas crianzas.

Achégase o Samaín, e en Teta e Coliño queremos festexalo coa cativada recollendo todos xuntos follas e ramas do outono para construir obxetos especiais ó carón das nosas crianzas. Tamén xogaremos ós xogos de antaño e conversaremos.

Queremos que sexa unha tarde especial, unha tarde na que si apetece se compartan ilusións e inquedanzas en torno ó feito de ser nais e pais. Unha tarde tamén flexible na que, si á maioría lle apetece mais recoller follas ou xogar, sexa iso o que se faga. Unha tarde de sorrisas de cativos e de nais e pais que se interrelacionan tranquilamente.

Os grupos son dinámicos e abertos a todas as familias con nenos de idades diferentes. Queremos invitarvos, unha vez máis, a pasar esta tarde xuntos ó aire libre, arroupados pola natureza.

E tí, anímaste a vir?.

*Podes consultar cambios de última hora no Facebook de Teta e Coliño.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies