Hosting por

GRUPOS DE PORTEO

Ofrecemos vountariamente o noso tempo co fin de recuperar e normalizar a lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións informadas e creando espazos de intercambio de experiencias, inquedanzas e dúbidas. En termos xerais, promovemos a concienciación da sociedade sobre a importancia dunha crianza consciente e saudable.

A asistencia ás reunións e LIBRE E GRATUÍTA (non é precisa inscrición previa). Crianzas e acompañantes son sempre benvidxs. Os obxectivos dos grupos de porteo son:

  • Difundir e fomentar o uso de portabebés na sociedade.
  • Brindar información fiable e actualizada sobre portabebés (porteo ergonómico e porteo seguro).
  • Favorecer oportunidades para o contacto e a aprendizaxe mutua entre familias, mediante o intercambio de experiencias e de material.
  • Facilitar o acceso a diferentes tipos de portabebés, co acceso a un fondo de préstamo (servizo para familias socias).

Consulta as nosas próximas reunións no calendario o revisa o noso facebook para estar o tanto das reunións

Calendario [ai1ec view="monthly"]

Contacto

Tes dúbidas? Se o desexas podes acudir libremente ás nosas reunións presenciais. Son abertas e non é precisa inscrición previa. As nosas Asesoras de porteo están formadas especificamente e actualizadas; lembra que ofrecen os seus servizos de maneira VOLUNTARIA e desinteresada.

13 + 3 =