Hosting por

GRUPOS DE lactancia e crianza

Teta e Coliño, Asociación de lactancia e crianza con apego, é unha asociación sen ánimo de lucro baseada nos grupos de apoio mutuo e na atención especializada.

Ofrecemos vountariamente o noso tempo co fin de recuperar e normalizar a lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións informadas e creando espazos de intercambio de experiencias, inquedanzas e dúbidas. En termos xerais, promovemos a concienciación da sociedade sobre a importancia dunha crianza consciente e saudable.

A asistencia as reunións e LIBRE E GRATUÍTA (non é precisa inscrición previa). Crianzas e acompañantes son sempre benvidxs.

Onde e cando nos reunimos?

Consulta o noso calendario para ver onde e cando nos reunimos, nas sedes de Vigo e Lalín.

 

 

Revisa o noso facebook para estar o tanto das reunións e de posibles cambios por cuestions organizativas.

Contacto

  Tes dúbidas ou algunha dificultade coa lactancia e a crianza? Se o desexas podes acudir libremente as nosas reunións presenciais nas nosas sedes de Vigo e Lalín. Son abertas e non é precisa inscrición previa. As nosas Asesoras de lactancia están formadas especificamente e actualizadas; lembra que ofrecen os seus servizos de maneira VOLUNTARIA e desinteresada.

11 + 11 =