Hosting por

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

XUNTANZA ONLINE DE LACTANCIA E CRIANZA 1 DE ABRIL

30 Marzo, 2020 ás 08:00 - 17:00

Este mércores 1de abril terá lugar a nosa primeira xuntanza online de lactancia e crianza, no seguinte horario e lugar:

HORARIO: De 17:30 a 19:30

LUGAR: A través da app ZOOM

INSTRUCCIÓNS PARA O ACCESO Á REUNIÓN

Para acceder a esta reunión hai que ter instalado a aplicación Zoom.

– Se non o tes, pincha no enlace da reunión como se foras a vela e segue as instruccións. É sinxelo instalalo. Hai para pc, móbil e tablet.

– A nosa recomendación é que a veas desde pc, pois acceder ao chat desde móbil e tablet é máis incómodo (hai que alternar entre ver o vídeo en directo ou escribir no chat).

– Ao entrar o día da reunión (xusto tras darlle ao enlace) tes que pulsar “permitir audio de equipo” ou “entrar con marcación de audio por Internet” ou algo así porá (depende do dispositivo). Isto non significa que vaias a falar, é para que poidas escoitar.

– Se ao entrar non escoitas nada, sae e volve a entrar, e aceptade iso do audio.

Inicialmente as moderadoras serán as que teñan video e audio encendido. Para unha participación fluida intentaremos usar o chat e levantar a man (no caso do móbil aparece tocando os tres puntiños do lado dereito da pantalla), de tal xeito que nese momento se te activará o audio (o video o podes activar ti se así o desexas) e poderás comentar o que precises.

A ligazón para acceder a esta reunión será: https://zoom.us/j/8199710583

Por se queredes consultar como acceder tedes tamén esta ligazón:

https://youtu.be/mJoswYecZJ4

Agardámoste ☺️

Details

Date:
30 Marzo, 2020
Time:
08:00 - 17:00