Hosting por dinahosting.

O anterior sábado 5 de outubro Teta e Coliño dispuxo unha carpa no VII Navia Parque D’Arte. O evento naceu para levar o arte ás rúas, e consideramos que o feito de criar e amamantar un fillo tamén pode ser considerado un arte.

Alí, entre rapaces xogando a practicar esgrima, entre magos, pandereiteiras e sevillanas, estivemos promocionando a asociación, os seus quefaceres na divulgación da crianza respectuosa e invitando ás persoas a coñecernos.

Programáronse os seguintes obradoiros:

  • Ás 11:30 «Aprende a usar o teu portabebés».
  • Ás 12:30 «Lactancia e porteo».
  • Ás 17:00 «Introducción ós cueiros de tea».

Pola mañá o ambiente estivo moi tranquilo. A medida que avanzou o mediodía e a tardiña se acercaron cada vez más familias ó evento.

Foron un gran éxito os paneis sensoriais que Teta e Coliño dispuxo para desfrute dos usuarios máis novos, atraendo gran parte de cativada de Navia ó longo de todo o día.

Dámosvos as gracias de corazón a todas as familias que vos acercastes ese día e contribuistes a que pasáramos un tempiño tan agradable.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies