Hosting por dinahosting.

O anterior venres día 4 de outubro, Teta e Coliño estivo no Sireno, en Vigo, apoiando e promocionando a lactancia materna na carpa organizada polo Colegio Oficial de Enfermaría de Pontevedra (COEPO), co gallo da Semana Europea da Lactancia Materna (SELM).

O ambiente foi distendido e tranquilo. Informamos ás persoas interesadas acerca da posibilidade de facer donacións ó banco de leite do hospital e o funcionamento das mesmas. As matronas resolveron dúbidas das persoas que alí se atopaban. Tamén informamos acerca da labor de apoio e promoción da Lactancia que realiza a nosa asociación.

O lema deste ano foi «Empoderémonos. Fagamos posible a lactancia», e iso queremos, promocionar a lactancia materna libre de mitos e apoiar ás nais que desexen amamantar ós seus fillos.

Atopamos con mulleres xestantes, nais porteando bebés e familias con crianzas mais grandiñas. Repartimos globos. Tamén repartimos marcapáxinas co logo da nosa asociación.
Démonos a coñecer e invitamos ás persoas a vir a coñecernos máis todavía.

E tí, apetéceche vir a coñecernos?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies