A xornada comezou coa exposición das fotos participantes no I Concurso de Fotografía sobre Lactancia Materna.
Presentación dos actos e lectura do manifesto da Semana da Lactancia Materna, por Noelia Prieto, presidenta de Teta e Coliño.
De esquerda a dereita: Paula Martínez, Noelia Prieto, Silvia Penedo e Diana Luque |
A continuación, conferencia sobre Arte e Lactancia Materna, por Noelia Prieto. Un percorrido dende as venus prehistóricas, a lactancia nas catacumbas e o antigo Exipto, as virxes do leite de todos os tempos… ata chegar ós cadros costumbristas da idade contemporánea e as variopintas referencias artísticas da nosa época actual. Unha escolla de obras cheas de anécdotas nas que quedaron de manifesto a crenzas e costumes sociais, relixiosos e ideolóxicos de cada sociedade acerca da lactancia materna.
Ó rematar tivo lugar un visionado de todas as fotos participantes no Concurso de Fotografía, e a entrega de premios.
Que rico…!! |
Gañadora: Sonia Pernas. Lote de produtos ecolóxicos de alimentación infantil, cortesía de Gaia dos Nenos http://www.gaiadosnenos.com/
Amor en Compostela II |
Gañadora: Verónica Armesto. Bono para unha sesión de Beleza e Benestar.
La teta es enseñar |
Gañadora: Cristina Villarino. Lenzo 60×80 cm coa foto gañadora, cortesía de Ultreia Publicidade; e un bono de Spa-circuítos de auga para 2 persoas.