Hosting por dinahosting.

1. ORGANIZADOR: Teta e Coliño (en adiante, o “ORGANIZADOR”), organiza o presente sorteo (en adiante, o “SORTEO”).

2. VIXENCIA: O SORTEO terá vixencia en España (península) dende o día domingo 6 de outubro de 2019 ó día domingo 13 de outubro de 2019 (en adiante, “PRAZO DE VIXENCIA”). O sorteo realizarase o día 14 de outubro e anunciarase o gañador/a na semana entre o 14 e o 20 de outubro.

3. ACEPTACIÓN DAS BASES E CONDICIÓNS: A mera participación no SORTEO implica a total e irrestricta aceptación e coñecemento das presentes Bases e Condicións (en diante, as “BASES”), así como das decisións que posteriormente poida adoptar o ORGANIZADOR en relación con calquera punto ou cuestión non prevista nas mesmas.

4. OS/AS PARTICIPANTES: Poderán participar no SORTEO todas aquelas persoas maiores de 18 anos de idade que residan en España (península) e sigan a mecánica descrita no punto 5º das presentes BASES (en adiante, os/as “PARTICIPANTE/S”). En ningún caso se admitirá a participación de menores de 18 años de idade nin residentes doutros países.

5. MECÁNICA DO CONCURSO: As persoas interesadas en participar no SORTEO deberán ser ou facerse fans da Fanpage de Facebook ou twitter de Teta e Coliño (en diante “FanPage”). Cada comentario que se publique participando nos post publicados a tal efecto co hastag #SELM2019 #mujeresqcorrenconlobos #SICB2019, terá dereito a unha participación no sorteo, poderase ter dereito ata un máximo de 5 participacións. Os post publicaranse dende o 1 ata o 7 de outubro e o sorteo realizarase na web SORTEA2 nas datas que indica o punto nº 2.
A participación no presente SORTEO será sen obriga de compra ou servizo algún, dado que a suscripción á conta da “Fanpage” é libre e gratuita.

6. PREMIO: O premio do concurso está composto polo libro “Mujeres que corren con lobos” de Clarissa Pinkola. Inclúese neste premio os gastos de envio á dirección facilitada polo gañador/a.
Só haberá un gañador/a e o PREMIO non poderá ser tranferible a terceiros nin canxeables por cartos en efectivo, nin por outro Premio distinto do asignado nas presentes bases.

7. SORTEO. REQUISITOS DE ASIGNACIÓN: Entre todos os comentarios recopilados nos post da Fanpage de Teta e Coliño realizadas válidamente, unificarase unha mesma base de datos a fin de realizar o sorteo polo premio detallado no punto nº 6 nas datas marcadas no punto nº 2. O sorteo será efectuado mediante a execución do sistema informático da web SORTEA2, facendo que a selección do ganador/a sexa efectuada en forma totalmente aleatoria e o azar. A gañador/a publicarase na Fanpage de Teta e Coliño e terá un prazo de 5 días dende o anuncio do fallo do sorteo para facilitar á asociación os seus datos de contacto mediante mensaxería privada (Messenger). De non efectuarse tal información procederase a adxudicación do premio á primeira participante suplente.

8. ENTREGA DO PREMIO: O PREMIO indicado no punto 6 enviarase á dirección facilitada dentro dos 30 días corridos da data de asignación definitiva do PREMIO.
Dado que a participación só queda aberta a península calquera persoa que incumpla as presentes bases quedará excluida do sorteo pasando a seguinte participante suplente.

9. RESPONSABILIDAD E INDEMNIDADES: En ningún caso as/os PARTICIPANTES terán dereito a reclamar outro termo que non sexan os establecidos nas presentes bases.

10. MODIFICACIÓNS: Cando circunstancias non imputables ao ORGANIZADOR e non previstas nestas BASES o xustifiquen, o ORGANIZADOR poderá cancelar, suspender ou modificar total ou parcialmente o SORTEO sin que isto lle xere dereito a compensación algunha a favor dos PARTICIPANTES.

11. O ORGANIZADOR poderá limitar ou prohibir a participación neste SORTEO de calquer PARTICIPANTE, en caso de presumir fundadamente a existencia de fraude ou alteración na mecánica de participación. Asimesmo, se entenderá que existe unha maniobra fraudulenta por parte dos PARTICIPANTES no caso que algún deles ingrese nun número moito maior de veces á FanPage nun período de tempo determinado do que un ser humano ordinario podría ingresar.

12. DATOS PERSOAIS: Os datos persoais brindados polos Participantes a través da Fanpage de Teta e Coliño ou vía e-mail para a participación en este SORTEO, serán obxeto de tratamiento automatizado e incorporados á base de datos de titularidade do ORGANIZADOR. A provisión dos datos por parte dos Participantes do SORTEO é voluntaria, sen perxuizo de ser un requisito necesario para participar no SORTEO, pero sí en caso de ser gañador/a.
En calquera caso poderase solicitar a anulación dos datos previa comunicación á asociación.

13. As presentes BASES atópanse a disposición de calquer interesada/o na web de Teta e Coliño (http://www.tetaecolino.gal/blog)

14. Facebook e Twitter non patrocinan, avalan ni administran de modo algún este SORTEO, nin está asociados a esta entidade. Toda a información proporcionada polos PARTICIPANTES será recolectada e destinada ó ORGANIZADOR e non a Facebook.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies