Hosting por

Mercedes Seoane, nai, psicóloga con postgrao en psicoloxía perinatal e terapeuta ocupacional, deunos unhas claves para afrontar ésta nova etapa A charla levouse a cabo no Centro Cívico do Castrillón o sábado 22 de decembro.

Quedando claro que cada parto é diferente, as nais levamos unha mochila que, alimentada pola presión da sociedade na que vivimos, o estrés pola insuficiente baixa por maternidade  e os mitos, entre outros, medra. O papel do pai é fundamental, e é unha peza clave para detectar e previr os problemas psicolóxicos que a nai poida experimentar. A lactancia materna tamén cobra unha gran importancia tanto na prevención coma no tratamento da depresión postparto.

É importante contar cunha rede de apoio e planificar o que se vai a facer desde o embarazo, e non intentar levar o mesmo ritmo de antes de ter o noso bebé.

Foto cedida por Mercedes Seoane,recollida de http://arqueologiadeimagenes.blogspot.com/2015/04/

 

Ó final da charla fixemos unha choiva de ideas relacionadas coas accións a realizar previo ó parto: entre outras, saíron paseos matutinos para aproveitar a luz do día, delegar responsabilidades, xestionar as visitas, durmir, facer exercicio e coidar a alimentación.

Moitas grazas Mercedes pola túa colaboración!