Hosting por


O pasado sábado as familias socias reunímonos na A.VV Novo Vigo co fin de aprobar varias cuestións relacionadas co exercicio 2018- 2019 e co exercicio 2019-2020,entre elas a revisión das contas, o orzamento para o novo curso, o plan de actividades,…. Unha das novidades que se incorporarán serán as formacións online que se lles ofrecerá ás familias socias e ás voluntarias da asociación.
Despois desfrutamos dun xantar conxunto,  onde o cocido tivo un papel destacado.
Agradecemos a todas as familias socias que conformades esta Asociación o apoio en cada paso que damos. Un especial agradecemento a todas as voluntarias que aportan o seu tempo e esforzo para que este proxecto siga tendo presente e futuro
A próxima Asemblea Extraordinaria, celebrarase sobre o mes de marzo do 2020, onde esperamos que moitas das familias socias participen.