Hosting por dinahosting.

Durante as primeiras semanas de outubro estamos de celebración en Teta e Coliño. Esa semana coinciden os festexos a nivel internacional de dous actos parentais que supoñen os pilares, xunto co feito de criar respectuosamente, nos que se basa a nosa asociación.

A Semana Europea da Lactancia Materna (SELM) celébrase este ano 2019 do 6 ó 13 de outubro. Un dos obxectivos da Asociación Teta e Coliño é promover, visibilizar e apoiar a lactancia materna. Algo que pode chegar a ser tan belo e que potencia tanto o vínculo coa túa crianza, sería marabilloso que se poidese transmitir naturalmente de nais a fillas.

O lema deste ano da SELM é: «Empoderémonos: fagamos posible a lactancia». De feito, a maioría das mulleres estamos listas para poder lactar, e o factor psicolóxico xoga un papel fundamental en moitos casos para poder establecer e/ou manter unha lactancia satisfactoriamente. Os cambios sociais comenzan no individuo. Se vas a convertirte en nai ou xa o eres, é fundamental que teñas claro os camiños que queres para tí e o teu fillo/a, para a túa familia. Se un deses camiños é lactar, adiante. A nivel social pode chegar a ser difícil por diversos motivos, e por iso te animamos a que te valgas de todos os recursos e ferramentas posibles para que te sintas apoiada na tua decisión. Dende persoas que pasaron por situacións similares á que ti estás atravesando, ata asociacións de apoio á lactancia, libros, información…

Sen lugar a dúbidas, o que máis poder che vai a proporcionar é vivir coa calma que aporta saber qué estás facendo aquelo que sintoniza coa tua forma de ver o mundo, co teu corazón.

Este ano a Semana Internacional da Crianza en Brazos (SICB) celébrase do 7 ó 13 de outubro. Dende Teta e Coliño tamén promovemos e difundimos o porteo (en brazos, en portabebés, fulares, ás costas, de mil formas). Coller en brazos a un fillo é un acto natural, e para calmalo moito mais. Os bebés, a cativada, precisa dun contacto físico frecuente para o seu desenrolo emocional. Para un bebé os brazos da súa nai (tamén do seu pai) son o seu refuxio nun mundo que vai demasiado apresa, un mundo creado por adultos e para os adultos . Os brazos, o coliño, son para os nosos fillos un voltar a ese lugar onde todo se sinte seguro e en paz: o fogar.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies